martes, 27 de octubre de 2026

 CABAZAS POLO SAMAÍN

Aquí podedes ver as cabazas decoradas polo alumnado de 3º. Algunhas dan medo, outras dan noxo e as hai ata simpáticas. Pero todas moi bonitas. Feliz Samaín!!!



jueves, 24 de septiembre de 2026

 PROXECTO DE BIBLIOTECA 2026-2027

Xa temos tema e cartel do proxecto de biblioteca deste curso.



domingo, 21 de junio de 2026

 CONTO DOS ARCOS DE TRIUNFO ROMANOS

Izan Campos creou un conto para dar a coñecer tres dos arcos de triunfo romanos máis destacados de España.

Unha idea xenial que nos axudará a recordalos.


O CONTO DOS ARCOS DE TRIUNFO

Estaba de vacacións en Soria co meu dragón e co meu patinete. 

Achegámonos ata o arco de  Medinaceli. Nunha taboa poñía: “Encontra as dúas pezas claves para facer o arco máxico”. Empezamos a dar voltas e encontramos a primeira peza que poñía: “Vai á porta máis grande”. Cando atravesamos a porta aparecemos no arco de Bará, en Tarragona. Agora a peza atopada dicía: “Vai ata o ático e encontrarás a seguinte peza”. Así foi, encontreina, e poñía que me tirara desde o ático do arco. Tireime e un portal levoume ata Cáceres. Agora as pezas indicaban que as xuntara para formar o arco misterioso. Pero tiña que xuntalas con lume e o dragón botou lume pola boca e formouse o arco de catro portas de Cáparra. 

Así, sen darme conta, recorrín os tres arcos de triunfo romanos máis famosos de España. 

Izan Campos



jueves, 18 de junio de 2026

 AUDIOPOEMAS 

A continuación podedes ler e escoitar uns poemas de diferentes poetas galegos recitados polo alumnado de Proxecto competencial.









martes, 16 de junio de 2026

 RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Xa temos aquí algunhas propostas de lecturas para o verán elaboradas polo equipo de biblioteca do noso colexio. Son suxerencias para distintos niveis lectores.

Desexamos que disfrutedes das vacacións tamén en compañía dalgún libro.




 ECLIPSE SOLAR 12 AGOSTO DE 2026

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a información sobre a eclipse que poderemos observar desde Galicia o próximo 12 de agosto.

Moi atentos aos consellos para unha observación segura.



lunes, 15 de junio de 2026

 PAPIROFLEXIA

Como actividade final de plástica neste trimestre fixemos uns cadros con figuras de papiroflexia. Hai peixes, focas, cangrexos, baleas e ata barcos cos que cada quen fixo a súa propia composición. Quedaron moi coloridos e bonitos!!!