Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2026

 XOGOS MATEMÁTICOS

Aquí temos algúns xogos de mesa nos que se poñen en xogo estratexias matemáticas. Son entretidos, entrenan a nosa mente e ademais precisan duns materiais moi fáciles de atopar. 

Formar paquetes (2 xogadores/as)

Material: folla de papel con puntiños aliñados, dous dados, dous bolígrafos ou rotuladores de cor diferente.

Como se xoga:

Por turnos tirades o dado e ide facendo paquetes co número de puntiños que indica o dado.

Se sae un número e xa non se pode facer un paquete con ese número de puntiños pasas o turno.

Cando a folla está completa gaña o que teña máis puntiños.


Formar triángulos (2 xogadores/as)

Material: folla de papel con puntiños aliñados, dous dados, dous bolígrafos ou rotuladores de cor diferente.

Como se xoga:

Por turnos tirades o dado e ide facendo liñas que unan os puntos, tantas como número de puntiños indica o dado, de xeito que se formen triángulos.

Para identificar os teus triángulos failles dentro un punto da túa cor ou pon a letra do teu nome.

Cando a folla se completa gaña o que teña máis triángulos.


Tapar o número (4 xogadores/as)

MATERIAL: taboleiro coas diagonais e números, 4 dados e 6 fichas por xogador/a

COMO SE XOGA: 

·        Por turnos cada xogador/a tira os 4 dados xuntos e coas súas fichas tapa os seus números según indican os dados.

·        Se sae un número repatido nos dados pode destapar o número doutro/a xogador/a.

·        Exemplo: saen o 4, 6, 3 e 3. Tapo os meus números 4, 6 e 3 e como o 3 está repetido destapo ese número a outro xogador/a que o teña tapado.

Gañan o xogador/a que logre tapar antes os seis números.



Xogo de números (dous xogadores/as)

MATERIAL:

·       Un recadro con números e casiñas como o da imaxe que ti mesmo/a podes facer.

·       Dous bolígrafos ou lápices de diferente cor.

·       Dous dados.

 COMO SE XOGA:

·       O obxectivo do xogo é completar a flileira de casiñas antes que o contrincante.

 O/A primeiro/a xogador/a tira os dados e ten dúas posibilidades:

-        Sumar os dous números e marcar na súa fileira o número resultado da suma.

-        Marcar dous números que xuntos sumen o mesmo que os dado

Se non pode marcar pasa o turno.