Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de junio de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. PAISAXES GALEGAS

Vera e Valeria mostraron na súa exposición diferentes paisaxes de Galicia: a coñecida praia das Catedrais cos seus acantilados, a torre de Hercules, a Illa de Arousa e a nosa praia de Cesantes co arquipélago de San Simón. Pero o que máis nos chamou a atención foron as imaxes do mar de ardora e a súa luz azul.

O traballo destas compañeiras anímanos a coñecer mellor a nosa terra, Galicia. Seguro que algún destes lugares e moitos outros da nosa comunidade non os coñecemos e están aí, preto de nós.



 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. A AVIACIÓN

A exposición de Hugo tratou sobre a historia da aviación.

Así aprendemos que un dos primeiros intentos por voar foi o aparato contruido por Clément Ader en 1890, e que só logrou dar un salto. Pero a primeira máquina con motor que conseguiu voar foi construida polos irmáns Wright en 1903, era o Flyer, que fixo un vo de 35 metros.

Logo Hugo presentounos outros avións máis modernos e ata un ultralixeiro construido no ano 2015 capaz de voar usando enerxía solar.

Interesante tema e moi interesante observar a evolución dos avións.



lunes, 16 de junio de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. OS GRIFOS

Na súa segunda exposición Ada falounos dun ser mitolóxico, o grifo.

Aprendemos que son seres con corpo de león e cabeza e ás de aguia. Son forte, leais, protectores, gardiáns de tesouros. Por estas caulidades a figura do grifo representouse en pinturas e esculturas e segue presente na actualidade en emblemas, escudos, libros, películas, videoxogos...

Interesante exposición.


miércoles, 11 de junio de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. A CENORIA

A segunda exposición que nos preparou Lola tratou sobre un alimento, a cenoria.

Aprendemos que é unha planta orixinaria de Asia. Pero o que nos sorprendeu é que esta planta, da que comemos a raíz, ten varidades de cor blanca, amarela ou morada. 

Agora, gracias a Lola, apreciaremos un pouco máis ás cenorias porque explicounos que teñen moitas vitaminas e minerais beneficiosos para a nosa saúde. A comer cenoria!!!


E para rematar debuxamos unhas cenorias moi coloridas coas que nos agasallamos.





 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. GAMBIA

Hoxe Bo fixo  unha exposición falándonos do seu país, Gambia. Aprendemos que é un pequeno país africano case totalmente rodeado por Senegal. Coñecemos a súa bandeira e a súa moeda, o dalasi. Sorprendeunos que no país se falan seis idiomas e disfrutamos coas imaxes das súas bonitas praias. 

Gustounos un montón coñecer cousas sobre o país do que ven Bo e, sobre todo, gustounos que el no las contase.


martes, 10 de junio de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. A HISTORIA DOS LIBROS

Na súa presentación Eleo falounos dun gran invento da humanidade, a escritura. Contounos que os escritos máis antigos atopáronse na antiga Mesopotamia e se facían gravando sobre arxila. Logo, en Exipto, usaron o papiro para escribir e en Grecia o pergamiño. Tamén aprendemos que na Idade Media se conservaban e copiaban manuscritos nos monsterios. Pero foi outro gran invento, a imprenta (Gutenberg 1453), o que permitiu facer moitas copias de mesmo libro. 

Moi interesante porque cos libros aprendemos, disfrutamos, imaxinamos...


lunes, 2 de junio de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O MONTE OLIMPO

Na súa segunda exposición Marinha falounos do monte Olimpo. Aprendemos que é a montaña máis alta de Grecia e, segundo a mitoloxía grega, o fogar dos deuses olímpicos: Zeus, Diana, Afrodita, Deméter, Poseidón...

O monte Olimpo foi o primeiro parque natural de Grecia con unha rica biodiversidade e impresionantes vistas.

Para rematar a exposición Marinha preparou un divertido xogo no que había que adiviñar o nome do deus facendo preguntas.

Foi unha exposición amena e interesante que nos permitiu aprender sobre este monte e sobre mitoloxía grega.




viernes, 23 de mayo de 2025

  EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O FÚTBOL

Este venres, día 23, Seidu presentou a súa exposición sobre o fútbol.

Falounos deste deporte tan popular; do seu equipo preferido, o Real Madrid; do seu xogador favorito, Mbappé e díxonos que tamén lle gustaría xogar no Club  Deportivo Choco e no Real Club Celta.

A presentación rematou cun xogo no que tiñamos que relacionar os xogadores cos seus respectivos nomes.

Foi un traballo que gustou moito aos seus compañeiros/as.

lunes, 24 de marzo de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O SONAMBULISMO

Vera falounos na súa exposición sobre o sonambulismo. Trastorno que consiste en realizar actividades como falar, xogar, cociñar, limpar... mentres a persoa permanece durmida. Explicounos que é convinte non despertar á persoa sonámbula, pero si acompañala para evitar que se faga dano. 

Durante a exposición xurdiu unha interesante pregunta: os animais poden ser sonámbulos?

Información interesante  que Vera explicou con linguaxe clara e demostrando coñecer o tema que trataba.






martes, 18 de marzo de 2025

EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. OS PLÁTANOS

Na súa exposición Ada falounos dos plátanos. Aprendemos que non é unha árbore, se non unha herba xigante procedente de Asia que hoxe se cultiva en moitos países de clima cálido.
Durante a exposición xurdiron preguntas: cal é a diferencia entre o plátano e a banana? que é o plátano macho? 
Unha interesante exposición que espertou a nosa curiosidade investigadora.

lunes, 17 de marzo de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. Curiosidades de México.

Lola fixo unha exposición na que nos falou de México e outros países de América Central. 

Vimos unha foto de pirámides maias e aprendemos que os aztecas chegaron a construír unha gran  cidade  antes do descubrimento de América, Tenochtitlan.

miércoles, 12 de marzo de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. AS COVAS

A exposición de Marinha tratou sobre as covas. Lugares onde viven diferentes animais, onde no pasado habitaron os humanos e fixeron as  pinturas rupestres. Marinha falounos tamén das estalactitas e estalagmitas que hai nalgunhas covas. 

Ademais coñecemos algunhas covas de record: a cova Verióvkina, a máis profunda do mundo; o sistema de covas de Mammoth Cave en Estados Unidos, con máis de 560 quilómetro explorados... Impresionante!!!

Finalmente presentounos a cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, a máis longa de Galicia con 7 quilómetros de longo e que se pode visitar. 




lunes, 10 de marzo de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. EL MUNDO DEL ARTE.

Hoy Valeria estrenó el ciclo de exposiciones divulgativas que realizarán las niñas y niños de 4º a lo largo de los próximos días. El título de su exposición fue: El mundo del arte.

Nos habló sobre las dificultades a las que tuvieron que enfrentarse las mujeres a lo largo de la historia para ser reconocidas como artistas e incluso para tener acceso a una formación artística. A través de la presentación que elaboró conocimos algunos datos sobre la vida y obra artística de: Frida Kahlo, la pintora y escultora japonesa Yayoi Kusama y la pintora del Renacimiento Sofonisba.

Aquí tenemos una imagen de su presentación y los marcapáginas que elaboramos como actividad final. Muy, muy interesante.