lunes, 16 de octubre de 2023

  LECTURAS DE 3º

Na hora de ler hoxe Ada leu para nós un novo conto de dinosaurios: ¿Y si un estegosaurio...? Aprendemos que un estegosaurio ocuparía toda a nosa clase e que tiña unhas grandes placas óseas. Moi interesante.

¿De qué tratará o próximo libro?



martes, 10 de octubre de 2023

  LECTURAS DE 3º

A filla do grúfalo de Julia Donalson foi o conto elexido e preparado por Lola para ler na aula. A protagonista asegura que ela non ten medo do rato terrorífico e como é moi aventureira adéntrase na fraga para atopalo... pero xa sabemos que ao final si que pasou medo. Gustáronnos moito o conto e as ilustracións.



lunes, 9 de octubre de 2023

 LECTURAS DE 3º

Hoxe foi Valeria a que nos sorprendeu coa lectura de En tus zapatos, da escritora Meritxell García. Un conto moi interesante sobre a importancia da empatía na relación cos demais. Ser capaz de poñerse no lugar das outras personas é o camiño para comprender os seus sentimentos e as súas formas de actuar, o camiño que conduce ao respecto mutuo e facilita a convivencia.



viernes, 6 de octubre de 2023

 LECTURAS DE 3º

Este xoves día 5 Vera leunos na aula Yo voy conmigo, de Raquel Díaz Reguera. O relato que elexiu gustounos moito.

Este conto ensínanos a importancia de valorarnos a nos mesmos e valorar aos demais tal e como son. A autoestima e o respecto aos demais.



martes, 3 de octubre de 2023

 LECTURAS DE 3º

Comezamos cunha actividade para disfrutar da lectura na clase de terceiro. Hoxe foi Eleo o que leu aos seus compañeiros e compañeiras un conto que preparou con esmero na súa casa. Neste conto o protagonista é un dinosaurio, concretamente un triceraptos. Unha bonita historia coa que ademais apredemos cousas sobre este animal  que habitou a Terra moito antes dos primeiros seres humanos.

Preparade xa as vosas lecturas!!!