jueves, 22 de octubre de 2020

 COMO SE MOVE O CORONAVIRUS POLO AIRE?

Con este vídeo aprendemos como se dispersa o coronavirus polo aire e reflexionamos sobre que podemos facer e que debemos evitar para non contaxiarnos.



jueves, 15 de octubre de 2020

 INVESTIGAMOS: QUE SON OS VIRUS?

Ana e Iria

Un virus é un microorganismo composto de material xenético protexido por un envoltorio que causa diversas enfermidades (coma os arrefriados) introducíndose coma un parásito nunha célula para reproducirse nela.

Un virus é un ser inerte, non pode reproducirse por si solo. Para poder cumprir as funcións vitais, necesita un ser vivo onde quedarse a vivir. O virus poderá reproducirse e infectar todas as partes do ser vivo, por iso os chamamos axentes infeciosos.

O virus ten unha codia exterior chamada cápside e no interior o material xenético. A cápside está composta por proteínas e o material xenético contén a información.

Os virus poden trasmitirse por distintas medios: por auga, por aire, por alimentos, por obxectos ou animais.