martes, 30 de abril de 2024

 LETRAS GALEGAS 2024

O día das Letras Galegas 2024 adícase á escritora e violinista Luísa Villalta Gómez. Para aprender sobre esta figura das letras e as artes galega aquí tes unhas actividades moi interesantes. Aprende disfruta!!!



miércoles, 24 de abril de 2024

 EXPERIMENTO: XERMINACIÓN DE       LENTELLAS CON LUZ E SEN LUZ

O día 11 de marzo en terceiro preparamos  dous vasos con lentellas. Un dos vasos colocámolo dentro dun armario sen luz solar e o outro vaso deixámolo fora,  preto da ventá.

Pasados 3 días, o 14 de marzo, as da luz solar brotaron un pouquiño, pero non todas, e as da escuridade estaban un pouquiño máis grandes.



Despois de 5 días, o 19 de marzo, observamos que o vaso que recibía luz solar tiña as plantiñas máis altas e verdes. No vaso que non recibira luz solar o talo e as follas eran amarelas.



Dous días mais tarde, o 21 de marzo, volvemos a comprobar os dous vasos.O vaso que recibiu luz solar tíña as plantiñas mais frondosas ,chamativas e de cor verde. Mentres, no vaso que non recibia luz solar, estaban máis débiles e amarelas porque non podían fabricar clorofila.

Texto: Marinha, Valeria, Vera e Lola.

viernes, 19 de abril de 2024

 MURAL DA PRIMAVERA

O alumnado de 3º e 4º elaboramos conxuntamente o mural da primavera que podedes ver na planta baixa.



domingo, 14 de abril de 2024

PARTICIPAMOS EN ARTELIXO 2024

A edición deste ano titúlase A todo trapo! Intenta chamar a nosa atención sobre a contaminación e o consumismo relacionado coa industria téxtil e a moda.

Conxuntamente en  3º e 4º elaboramos un polbo de trapo con calcetíns vellos e outros materiais téxtiles.

Se queredes ver o noso polbo de trapo pasádevos pola alameda.

Todas as obras estarán expostas ata o 20 de abril nas rúas, prazas e escaparates de Redondela.