lunes, 31 de enero de 2022

miércoles, 26 de enero de 2022

 DESCRIBIMOS UNHA PAISAXE

Hoxe fixemos conxuntamente na aula unha descrición dunha paisaxe, describimos a praia de Cesantes observando unha fotografía. 


A PRAIA DE CESANTES

"Esta é unha paisaxe costeira, trátase da praia de Cesantes. 

Para comezar vemos na area un barco pesqueiro vermello e branco e dúas barcas pequenas. Hai algunhas persoas en bañador. O mar está en calma, hai moitas barcas pequenas azuis, brancas, vermellas... Se levantas a vista verás unha illa, San Simón. Na illa hai moitas árbores, un edificio de poucas plantas e algunha outra construción de pedra. Á dereita da illa vese unha ponte. Ao fondo vemos as montañas cubertas de verdes árbores.

Produce unha sensación de relaxación e recorda o verán".