martes, 21 de noviembre de 2023

 APRENDEMOS SOBRE O KÉFIR E FIXEMOS KÉFIR NA CLASE

Ademais de iogur tamén fixemos e probamos kéfir, outro lácteo elaborado fermentando leite. A continuación o resultado do noso traballo.




viernes, 17 de noviembre de 2023

 INVESTIGAMOS SOBRE O IOGUR E FIXEMOS IOGUR NO COLEXIO

En Ciencias da Natureza aprendemos sobre as bacterias. Hai bacterias que poden provocan enfermidades pero outras son beneficiosas, como as que se utilizan para elaborar alimentos. Así, na elaboración do iogur empréganse bacterias.

Aquí temos a receita coa que fixemos o iogur na clase e unhas fotos.  A continuación, a información que elaboramos sobre o iogur.





lunes, 13 de noviembre de 2023

 LECTURAS DE 3º

Hoxe Marinha leu na clase un bonito conto sobre o compañerismo, a diversidade e o respecto aos demais. Trátase dun libro da escritora Estefanía Padullés titulado Leopoldo, o pequeno monstro.  Boa elección, a seguir disfrutando da lectura.



lunes, 6 de noviembre de 2023

 OBRADOIRO "COCIÑA TERRORÍFICA"

Para rematar a semana, na que tivemos varias actividades para conmemorar o Samaín, o venres día 3 fixemos con Ángela unhas galletas "terroríficas". Quedaron moi simpáticas e ata dan un pouco de medo.

A continuación tendes a receita que logo escribimos na aula e algunhas fotos do obradoiro.




viernes, 3 de noviembre de 2023

CONTAMOS UN CONTO A... NENOS E NENAS DE INFANTIL

O luns 30 de outubro Ada e Marinha contaron aos compañeiros e compañeiras de Infantil un conto na biblioteca. Fixérono moi ben, entonando e con voces diferentes para os personaxes. Seguro que os pequenos do cole disfrutaron con esta bonita historia.

A continuación tedes o audio para disfrutar tamén vos da súa lectura.