martes, 1 de diciembre de 2020

 INVESTIGAMOS: OS RÍOS DE REDONDELA

O río Alvedosa

(Texto: Iria, Brais, Ainhoa Covelo e Alicia. Foto: Iria)

O río Alvedosa nace en Lamasusán, na parroquia de Ermida, situada no concello de Pazos de Borbén. Discorre polos concellos de Pazos de Borbén e Redondela.

Comeza na parroquia da Ermida e atravesa as parroquias de Cepeda, Ventosela e Reboreda  para desembocar en Redondela. O río Alvedosa é o responsable, xunto co río Maceiras, da pequena ría de Redondela.

Desde o nacemento ata a desembocadura ten unha lonxitude de 12 km, nos que forma bonitas fervenzas coma a de O Rañón e a da Freixa.

A fervenza da Freixa, en Santo Paio de Abaixo, foi rescatada do olvido no ano 2014. Foi cando se sinalizou e acondicionouse unha senda para poder observar este fantástico lugar. A parroquia de Reboreda tiña moitos muíños, algúns deles seguen funcionado hoxe en día.


O río Maceiras

(Texto: Martín e Marea. Foto: Ana)

O río Maceiras mide 5 km,  nace na parroquia redondelá de Vilar de Infesta, e desemboca no Alvedosa, que á súa vez vai dar á ría de Vigo. Atravesa as parroquias de Vilar de Infesta, Saxamonde, Negros, Cedeira e Redondela.
Está fundamentado que o nome do río remite á existencia de plantacións de maceiras na beira do río.
Cada ano celébrase na parroquia de Negros a Festa da mazá de Redondela.

O río Pexegueiro

(Texto: Nicolás. Foto: Noa)

O río Pexegueiro nace na parroquia do Viso, tamén pasa por Cesantes e desemboca no río Alvedosa no centro de Redondela. Ten unha lonxitude de 6 km. Atravesa as parroquias de: O Viso, Cesantes e Redondela.


Obtivéronse os datos de: