martes, 19 de abril de 2022

DÍA DAS ARTES GALEGAS: PINTAMOS INSPIRADOS POR LAXEIRO

O día 1 de abril a Academia de Belas Artes conmemora o Día das Artes Galegas en recordo do momento no que o Mestre Mateo rematou o Pórtico da Gloria, na catedral de Santiago de Compostela.

Este ano o artista homenaxeado foi José Otero Abeledo, coñecido como LaxeiroEstes son os cadros que pintamos inspirándonos en diferentes obras deste pintor galego.





miércoles, 6 de abril de 2022

 FICHAS DE ANIMAIS

Na web A vida nos ríos galegos buscamos información sobre algúns animais do noso entorno e elaboramos en equipos unhas fichas que se poden ver facendo clic na imaxe a continuación.



lunes, 4 de abril de 2022

 MURAL DA PRIMAVERA DE 3º e 4º

Entre os grupos de 3º e 4º fixemos o mural da primavera que podedes ver na entrada do colexio. O noso mural ten imaxes de rutas do Camiño de Santiago, moitas flores e un poema sobre a primavera de Antonio García Teijeiro.



viernes, 1 de abril de 2022

 PARTICIPAMOS EN ARTELIXO

Participamos no certame de creación  de obras de arte con materiais reciclados, ARTELIXO, que se celebra no noso concello.

Poderemos ver as obras presentadas nas rúas e escaparates desde o día 2 de abril, data na que se fará a inauguración en Quintela.

Este ano o tema é "Os nosos montes". Aquí temos unhas fotos das abellas que fixemos en terceiro.