POEMA. PINTAR UNA CASA
En el siguiente audio podemos escuchar a Lauren recitando el poema Pintar una casa.
LECTURAS 3º
Para rematar este primeiro trimestre Juan leu un conto da editorial Susaeta, Todos contra el virus. Un libro que nos levou a recordar a situación de aislamento que vivimos durante a pandemia, o esforzo que todos tivemos que facer neses longos días e a entender que uns microorganismos moi pequenos, os virus, poden causar un gran dano.
Unha historia para reflexionar e aprender.
CONTAMOS UN CONTO A... NENOS E NENAS DE INFANTIL
O luns 30 de outubro Ada e Marinha contaron aos compañeiros e compañeiras de Infantil un conto na biblioteca. Fixérono moi ben, entonando e con voces diferentes para os personaxes. Seguro que os pequenos do cole disfrutaron con esta bonita historia.
A continuación tedes o audio para disfrutar tamén vos da súa lectura.
LECTURAS DE 3º
A filla do grúfalo de Julia Donalson foi o conto elexido e preparado por Lola para ler na aula. A protagonista asegura que ela non ten medo do rato terrorífico e como é moi aventureira adéntrase na fraga para atopalo... pero xa sabemos que ao final si que pasou medo. Gustáronnos moito o conto e as ilustracións.
LECTURAS DE 3º
Hoxe foi Valeria a que nos sorprendeu coa lectura de En tus zapatos, da escritora Meritxell García. Un conto moi interesante sobre a importancia da empatía na relación cos demais. Ser capaz de poñerse no lugar das outras personas é o camiño para comprender os seus sentimentos e as súas formas de actuar, o camiño que conduce ao respecto mutuo e facilita a convivencia.
LECTURAS DE 3º
Comezamos cunha actividade para disfrutar da lectura na clase de terceiro. Hoxe foi Eleo o que leu aos seus compañeiros e compañeiras un conto que preparou con esmero na súa casa. Neste conto o protagonista é un dinosaurio, concretamente un triceraptos. Unha bonita historia coa que ademais apredemos cousas sobre este animal que habitou a Terra moito antes dos primeiros seres humanos.
Preparade xa as vosas lecturas!!!
VAMPIRA DE BIBLIOTECA. AS COUZAS E OS PEIXIÑOS DE PRATA
A pasada semana comezamos coa lectura do libro Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas. A súa lectura dará pé a pequenas investigacións que iremos colgando no blog.
Ao inicio do libro fálase duns insectos bibliófagos, as couzas e os peixiños de prata. Daniel e Sabela axúdannos a coñecelos. Fai clic nas imaxes.
VAMPIRA DE BIBLIOTECA. O OSO FORMIGUEIRO
Outra investigación relacionada co libro Vampira de Biblioteca.
Ao final do libro aparece unha osa formigueira para salvar a biblioteca de Coimbra das temibles couzas. Dise que este animal ten unhas patas que parecen un oso panda. Martín e Noa investigaron sobre este e outros aspectos relacionados con este peculiar animal. Fai clic nas imaxes para ler os seus traballos.
VAMPIRA DE BIBLIOTECA. COUZAS CON CAVEIRA
Seguemos facendo investigacións relacionadas coa lectura deste interesante libro.
Lemos que os libros da biblioteca onde vive Eleonora están sendo devorados por unhas desagradables couzas con caveira. Existen realmente estes insectos? Nicolás e Ainhoa axúdannos a resolver esta dúbida. Fai clic nas imaxes.
Para saber máis sobre as couzas con caveira: Acherontia atropos o esfinge de la calavera africana