Mostrando entradas con la etiqueta Observacións e experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Observacións e experimentos. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de junio de 2025

 CONSTRUÍMOS E APRENDEMOS CON LEGO

Empregando os novos kits de LEGO que temos no colexio para aprender de forma práctica sobre forzas ( de propulsión, de tracción, de fricción, de gravidade) e as relacións co movemento, a masa, a distancia, a velocidade...

Construímos varios proxectos:

  • Coche de carreiras



  • Trineo de neve



  • Canasta (variando a distancia de tiro)


  • Autos locos


viernes, 6 de diciembre de 2024

 OS SABORES

En ciencias estudamos os sabores básicos que pode detectar a lingua: doce, salgado, amargo e ácido. Nalgúns textos lemos que cada parte da lingua detecta un sabor e na clase de cuarto quixemos comprobalo.

Probamos azucre, doce; un pouquiño de zume de limón, ácido; logo chocolate negro, amargo; e que a ninguén lle gustou! Por último galletiñas salgadas, desas comemos case todo o bote. 

A conclusión foi que todos os sabores se notan en toda a lingua, aínda que polo que lemos, hai zonas da lingua que perciben máis uns sabores que outros.

(Texto: Marinha e Lola)


jueves, 20 de junio de 2024

 EXPERIMENTOS CON IMÁNS

Aquí temos o vídeo dos experimentos con imáns que preparamos para a Xornada de experimentos que fixemos no colexio o mércores día 19.



miércoles, 24 de abril de 2024

 EXPERIMENTO: XERMINACIÓN DE       LENTELLAS CON LUZ E SEN LUZ

O día 11 de marzo en terceiro preparamos  dous vasos con lentellas. Un dos vasos colocámolo dentro dun armario sen luz solar e o outro vaso deixámolo fora,  preto da ventá.

Pasados 3 días, o 14 de marzo, as da luz solar brotaron un pouquiño, pero non todas, e as da escuridade estaban un pouquiño máis grandes.



Despois de 5 días, o 19 de marzo, observamos que o vaso que recibía luz solar tiña as plantiñas máis altas e verdes. No vaso que non recibira luz solar o talo e as follas eran amarelas.



Dous días mais tarde, o 21 de marzo, volvemos a comprobar os dous vasos.O vaso que recibiu luz solar tíña as plantiñas mais frondosas ,chamativas e de cor verde. Mentres, no vaso que non recibia luz solar, estaban máis débiles e amarelas porque non podían fabricar clorofila.

Texto: Marinha, Valeria, Vera e Lola.

sábado, 10 de junio de 2023

 CONSTRUÍMOS MÁQUINAS SIMPLES CON LEGO

As máquinas simples teñen moi poucas pezas e nos facilitan tarefas como desprazar ou elevar unha carga. As máquinas complexas están formadas por varias máquinas sinxelas que se combinan para lograr un obxectivo común. Construímos:

Rodas e eixes

Poleas

Engranaxes

Pancas 


 Rodas e eixes

Serven para: facilitar o desprazamento de obxectos, controlar a dirección do movemento, aumentar a forza de xiro (par).

Forman parte de moitas máquinas: bicicletas, patíns, vehículos, carretes de pesca…

Modelo 1: no vídeo vemos que este modelo desprázase pola rampla con dificultade debido ao rozamento e  que se para ao chegar abaixo.



Modelo 2: ao engadirlle rodas descende a rampla moito máis rápido e continúa a marcha despois. Comprobamos que o rozamento é moito menor cando usamos rodas e eixes. 




Poleas

Unha polea é unha roda cunha canle pola que pasa unha correa ou corda.
Serven para: cambiar o sentido da rotación, aumentar ou reducir a velocidade de rotación, aumentar unha forza de tracción.

Forman parte de moitas máquinas: tendedeiros da roupa, grúas, pozos antigos, persianas venecianas, máquinas dos ximnasios…


Modelo 1
:

Coa manivela movemos a roda motriz que fai que se mova a outra roda (roda propulsada) xa que están conectadas pola correa.

Cada volta de manivela é unha volta da roda motriz (roda á que está conectada a manivela). 

A velocidade de rotación das dúas poleas é a mesma porque teñen o mesmo diámetro.

As dúas poleas xiran no mesmo setido.



Modelo 2: as poleas xiran en sentidos opostos porque a correa está agora cruzada.


Modelo 3:

Observamos que 1 volta da roda motriz equivale a 3 voltas da roda propulsada porque é máis pequena.

Prodúcese un aumento da velocidade de rotación pero tamén unha reducción da forza.  

 


Engranaxes

As engranaxes son rodas dentadas. Os dentes se entrelazan de xeito que unha fai xirar á outra.

As engranaxes úsanse para: cambiar o sentido da rotación, aumentar ou reducir a velocidade de rotación, aumentar a forza de xiro, cambiar a orientación do movemento xiratorio.

Forman parte de moitas máquinas nas que é preciso controlar a velocidade do movemento xiratorio e a forza de xiro. Vémolas en bicicletas, reloxos antigos, coches, batedores e abrelatas manuais…

Modelo 1:  

As velocidades de rotación das engranaxes motor e propulsada son equivalentes porque teñen o mesmo diámetro e a mesma cantidade de dentes.

As engranaxes xiran en sentidos opostos.


Modelo 2: engadimos unha engranaxe pequena intermedia.

A engranaxe pequena non afecta á velocidade de rotación das grandes.

Afecta ao sentido da rotación. As engranaxes grandes xiran no mesmo sentido e a pequena en sentido oposto.

 


Panca

É unha barra fixa que se move sobre un punto de apoio. Pode empregarse para facilitar a elevación dunha carga co mínimo esforzo.

Usamos pancas para: aumentar unha forza, cambiar a dirección dunha forza ou aplicar unha forza desde unha determinada distancia.

Atopamos pancas en: carretas, remos, crebanoces, pinzas, abridor de botellas, grampadora, tesoiras, martelo...

Modelo 1

É unha panca de primeiro xénero. Neste modelo o punto de apoio está moi próximo á carga.


Modelo 2

Agora  a carga está separada do punto de apoio. Comprobamos que precisamos empregar máis forza que antes para elevar a mesma carga.



viernes, 14 de abril de 2023

 MEDIMOS AS PRECIPITACIÓNS CO PLUVIÓMETRO

Como actividade práctica relacionada co tema A atmosfera e o clima estamos medindo as precipitacións que recollemos co pluviómetro que hai no colexio.


(1) Pluviómetro colocado no exterior.
(2) Extraemos o recipiente onde se deposita a auga do interior do pluviómetro.
(3) Na aula, cun vaso graduado en mililitros, medimos a auga recollida.
     Calculamos os litros por metro cadrado recollidos.
(4) Anotamos na folla de rexistro os datos.


viernes, 3 de marzo de 2023

 INVESTIGAMOS. A XERMINACIÓN DAS SEMENTES.

Observamos a xerminación dunhas sementes de lentella na aula. Recollemos neste pequeno informe o proceso. fai clic sobre a imaxe para ler o noso traballo.



martes, 31 de mayo de 2022

CADERNO DE EXPERIMENTOS COA MATERIA

Neste caderno recóllense uns experimentos sobre a materia feitos na aula. Facendo clic na imaxe podemos ver o caderno.



martes, 22 de junio de 2021

 EXPERIMENTOS COA MATERIA

Traballos de redación e ilustración dos experimentos que realizamos na aula relacionados co tema sobre a materia de Ciencias da Natureza.



viernes, 26 de febrero de 2021

 NUESTRO CULTIVO DE SETAS

Día 19 de febrero, comenzamos con nuestro cultivo de setas en caja.  Siguiendo las instrucciones hicimos un corte en forma de cruz en el plástico y pulverizamos con agua. Regaremos por turnos 2 veces al día e iremos observando como crecen. En este blog subiremos fotos del proceso.



Día 24 de febrero; en pocos días se observa un cambio importante en nuestro cultivo de setas. Están empezando a desarrollarse a partir del micelio (conjunto de hifas).


Día 26 de febrero; las setas crecen muy rápido, en solo dos días observamos un gran cambio. Hay muchas y están muy juntas.


Día 27 de febrero.


Día 1 de marzo.