miércoles, 25 de enero de 2023

 INVESTIGAMOS: AS PARTES COMESTIBLES DAS PLANTAS

Investigamos cal é a parte comestible dalgunhas hortalizas e verduras. Con eses datos e as fotos elaboramos o seguinte traballo.


viernes, 20 de enero de 2023

 VAMPIRA DE BIBLIOTECA. AS COUZAS E OS PEIXIÑOS DE PRATA

A pasada semana comezamos coa lectura do libro Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas. A súa lectura dará pé a pequenas investigacións que iremos colgando no blog. 

Ao inicio do libro fálase duns insectos bibliófagos, as couzas e os peixiños de prata. Daniel e Sabela axúdannos a coñecelos. Fai clic nas imaxes.