Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos informativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos informativos. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de febrero de 2025

 PARTICIPAMOS NA CAMPAÑA PILABOT

Este ano o noso colexio foi seleccionado para participar na campaña Pilabot de RECOLLIDA DE PILAS E BATERÍAS USADAS.

A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven a sexta edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia. 

O Concurso Pilabot repartirá catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan.


Para saber máis sobre as pilas fai clic en Pilabot.


E aquí un vídeo sobre a reciclaxe de pilas e baterías.



lunes, 4 de octubre de 2021

 VOLCÁN DE PALMA

No blog de 2º ciclo do colexio Valle Inclán de Ferrol atopei este interesante recurso con información sobre os volcáns, sobre o volcán de Palma e con actividades.


miércoles, 9 de junio de 2021

 ECLIPSE SOLAR

O xoves 10 de xuño haberá un eclipse parcial de sol. Na páxina web á que se accede facendo clic na imaxe tedes información sobre este tema: que é un eclipse, como será este eclipse, como se verá desde diferentes lugares, precaucións para observalo... 


jueves, 22 de octubre de 2020

 COMO SE MOVE O CORONAVIRUS POLO AIRE?

Con este vídeo aprendemos como se dispersa o coronavirus polo aire e reflexionamos sobre que podemos facer e que debemos evitar para non contaxiarnos.