miércoles, 20 de diciembre de 2023

 LIBROS RECOMENDADOS NADAL



  LECTURAS 3º

Para rematar este primeiro trimestre Juan leu un conto da editorial Susaeta, Todos contra el virus. Un libro que nos levou a recordar a situación de aislamento que vivimos durante a pandemia, o esforzo que todos tivemos que facer neses longos días e a entender que uns microorganismos moi pequenos, os virus, poden causar un gran dano.

Unha historia para reflexionar e aprender.



viernes, 15 de diciembre de 2023

 LECTURAS 3º

Esta semana Hugo leu na biblioteca o libro de Éric Battut, Todos menos uno. Esta vez a lectura foi na biblioteca e asistiu tamén o alumnado de cuarto.

Unha historia entrañable sobre un guisante que quere ser diferente. Reflexionamos sobre a diversidade e o respecto aos demais.


martes, 5 de diciembre de 2023

 LECTURAS DE 3º

Chegoulle a Izan o turno de ler un conto aos seus compañeiros e compañeiras. O libro elexido foi La Verdad según Arturo de Tim Hopgood. Unha bonita historia que nos serviu para reflexionar sobre a importancia de decir a verdade. Unha historia para disfrutar e aprender.