lunes, 18 de enero de 2021

 INVESTIGAMOS: AS ESTRELAS FUGACES

As estrelas fugaces obsérvanse como estrelas que cruzan moi rápido o ceo, pero non son estrelas.

Son realmente partículas de pedra ou po que forman os cometas e que dende o espacio entran na atmosfera da Terra. Móvense tan rápido que se quentan moito e producen un efecto luminoso (brillan). As estrelas fugaces son o que os astrónomos chaman meteorosPoden ter tonalidades azuis, verdes ou amareladas; dependendo dos compoñentes do meteoro.

Normalmente estas partículas miden so uns milímetros; se son máis grandes (uns centímetros) o meteoro brillará moito e recibe o nome de bólidoOs bólidos poden ser espectaculares polo seu brillo e verse polo día, tamén poden producir pequenas explosións e facer ruído.

A maioría dos meteoros queimanse na atmosfera antes de chegar á superficie da Terra. Cando son máis grandes e chegan á superficie chámase meteoritos.

(4º de primaria)

NOTICIAS DE ÚLTIMA HORA:

Dase a casualidade de que esta mesma madrugada puido observarse un fenómeno deste tipo desde Galicia, Asturias e León. Aquí temos a noticia en diferentes medios:

- Faro de Vigo:

- Diario de Extremadura:

-ABC:


No hay comentarios:

Publicar un comentario