VISITA AO VISOR SUBMARINO NAUTILUS
O martes 3 de decembro visitamos o visor submarino en Vigo.
VISITA AO CENTRO ARQUEOLÓXICO SALINAE
O martes día 3 de decembro, o alumnado de 4º de primaria foi a unha excursión ao museo Salinae de Vigo.
Aprendemos que a cor máis valiosa na antigua Roma era o púrpura.
Vimos os distintos calzados dos romanos, tiñan moitos zapatos:cerrados, abertos e ata de deporte.
Faláronnos das súas comidas e os seus costumes.
Tamén aprendemos que en Vigo sacaban o sal da auga do mar.
Recomendámosvos que vaiades ao museo Salinae.
Texto: Valeria, Juan y Vera
OS SABORES
En ciencias estudamos os sabores básicos que pode detectar a lingua: doce, salgado, amargo e ácido. Nalgúns textos lemos que cada parte da lingua detecta un sabor e na clase de cuarto quixemos comprobalo.
Probamos azucre, doce; un pouquiño de zume de limón, ácido; logo chocolate negro, amargo; e que a ninguén lle gustou! Por último galletiñas salgadas, desas comemos case todo o bote.
A conclusión foi que todos os sabores se notan en toda a lingua, aínda que polo que lemos, hai zonas da lingua que perciben máis uns sabores que outros.
(Texto: Marinha e Lola)