miércoles, 29 de enero de 2025

 CONSTRUCIÓN DUNS PULMÓNS

Para rematar o tema sobre a NUTRICIÓN HUMANA construímos unha simulación de pulmóns unsando botellas de auga.


Aquí tedes imaxes do proceso.

E un vídeo para ver como funciona.


Explicación

A botella de plástico representa a caixa torácica. Os tubiños de plástico, a farinxe, a traquea e os bronquios. Os dous globos representan os pulmóns e o globo da base da botella, o diafragma.

Inspiración: cando tiramos do globo da base aumenta o espazo (volume) dentro da botella (caixa torácica) e o aire entra aos pulmóns a través da tráquea.

Espiración: cando empuxamos o globo cara adentro o volume da cavidade torácica disminúe e o aire sae pola traquea ao exterior.