EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O FÚTBOL
Este venres, día 23, Seidu presentou a súa exposición sobre o fútbol.
Falounos deste deporte tan popular; do seu equipo preferido, o Real Madrid; do seu xogador favorito, Mbappé e díxonos que tamén lle gustaría xogar no Club Deportivo Choco e no Real Club Celta.
A presentación rematou cun xogo no que tiñamos que relacionar os xogadores cos seus respectivos nomes.
Foi un traballo que gustou moito aos seus compañeiros/as.