CADROS DE PAPIROFLEXIA
Como actividade final das sesións adicadas á papiroflexia elaboramos cadros con figuras construídas con esta técnica.
CONSTRUÍMOS E APRENDEMOS CON LEGO
Empregando os novos kits de LEGO que temos no colexio para aprender de forma práctica sobre forzas ( de propulsión, de tracción, de fricción, de gravidade) e as relacións co movemento, a masa, a distancia, a velocidade...
Construímos varios proxectos:
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. PAISAXES GALEGAS
Vera e Valeria mostraron na súa exposición diferentes paisaxes de Galicia: a coñecida praia das Catedrais cos seus acantilados, a torre de Hercules, a Illa de Arousa e a nosa praia de Cesantes co arquipélago de San Simón. Pero o que máis nos chamou a atención foron as imaxes do mar de ardora e a súa luz azul.
O traballo destas compañeiras anímanos a coñecer mellor a nosa terra, Galicia. Seguro que algún destes lugares e moitos outros da nosa comunidade non os coñecemos e están aí, preto de nós.
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. A AVIACIÓN
A exposición de Hugo tratou sobre a historia da aviación.
Así aprendemos que un dos primeiros intentos por voar foi o aparato contruido por Clément Ader en 1890, e que só logrou dar un salto. Pero a primeira máquina con motor que conseguiu voar foi construida polos irmáns Wright en 1903, era o Flyer, que fixo un vo de 35 metros.
Logo Hugo presentounos outros avións máis modernos e ata un ultralixeiro construido no ano 2015 capaz de voar usando enerxía solar.
Interesante tema e moi interesante observar a evolución dos avións.
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. OS GRIFOS
Na súa segunda exposición Ada falounos dun ser mitolóxico, o grifo.
Aprendemos que son seres con corpo de león e cabeza e ás de aguia. Son forte, leais, protectores, gardiáns de tesouros. Por estas caulidades a figura do grifo representouse en pinturas e esculturas e segue presente na actualidade en emblemas, escudos, libros, películas, videoxogos...
Interesante exposición.
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. A CENORIA
A segunda exposición que nos preparou Lola tratou sobre un alimento, a cenoria.
Aprendemos que é unha planta orixinaria de Asia. Pero o que nos sorprendeu é que esta planta, da que comemos a raíz, ten varidades de cor blanca, amarela ou morada.
Agora, gracias a Lola, apreciaremos un pouco máis ás cenorias porque explicounos que teñen moitas vitaminas e minerais beneficiosos para a nosa saúde. A comer cenoria!!!
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. GAMBIA
Hoxe Bo fixo unha exposición falándonos do seu país, Gambia. Aprendemos que é un pequeno país africano case totalmente rodeado por Senegal. Coñecemos a súa bandeira e a súa moeda, o dalasi. Sorprendeunos que no país se falan seis idiomas e disfrutamos coas imaxes das súas bonitas praias.
Gustounos un montón coñecer cousas sobre o país do que ven Bo e, sobre todo, gustounos que el no las contase.
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. A HISTORIA DOS LIBROS
Na súa presentación Eleo falounos dun gran invento da humanidade, a escritura. Contounos que os escritos máis antigos atopáronse na antiga Mesopotamia e se facían gravando sobre arxila. Logo, en Exipto, usaron o papiro para escribir e en Grecia o pergamiño. Tamén aprendemos que na Idade Media se conservaban e copiaban manuscritos nos monsterios. Pero foi outro gran invento, a imprenta (Gutenberg 1453), o que permitiu facer moitas copias de mesmo libro.
Moi interesante porque cos libros aprendemos, disfrutamos, imaxinamos...
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O MONTE OLIMPO
Na súa segunda exposición Marinha falounos do monte Olimpo. Aprendemos que é a montaña máis alta de Grecia e, segundo a mitoloxía grega, o fogar dos deuses olímpicos: Zeus, Diana, Afrodita, Deméter, Poseidón...
O monte Olimpo foi o primeiro parque natural de Grecia con unha rica biodiversidade e impresionantes vistas.
Para rematar a exposición Marinha preparou un divertido xogo no que había que adiviñar o nome do deus facendo preguntas.
Foi unha exposición amena e interesante que nos permitiu aprender sobre este monte e sobre mitoloxía grega.