domingo, 21 de junio de 2026

 CONTO DOS ARCOS DE TRIUNFO ROMANOS

Izan Campos creou un conto para dar a coñecer tres dos arcos de triunfo romanos máis destacados de España.

Unha idea xenial que nos axudará a recordalos.


O CONTO DOS ARCOS DE TRIUNFO

Estaba de vacacións en Soria co meu dragón e co meu patinete. 

Achegámonos ata o arco de  Medinaceli. Nunha taboa poñía: “Encontra as dúas pezas claves para facer o arco máxico”. Empezamos a dar voltas e encontramos a primeira peza que poñía: “Vai á porta máis grande”. Cando atravesamos a porta aparecemos no arco de Bará, en Tarragona. Agora a peza atopada dicía: “Vai ata o ático e encontrarás a seguinte peza”. Así foi, encontreina, e poñía que me tirara desde o ático do arco. Tireime e un portal levoume ata Cáceres. Agora as pezas indicaban que as xuntara para formar o arco misterioso. Pero tiña que xuntalas con lume e o dragón botou lume pola boca e formouse o arco de catro portas de Cáparra. 

Así, sen darme conta, recorrín os tres arcos de triunfo romanos máis famosos de España. 

Izan Campos



jueves, 18 de junio de 2026

 AUDIOPOEMAS 

A continuación podedes ler e escoitar uns poemas de diferentes poetas galegos recitados polo alumnado de Proxecto competencial.









martes, 16 de junio de 2026

 RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Xa temos aquí algunhas propostas de lecturas para o verán elaboradas polo equipo de biblioteca do noso colexio. Son suxerencias para distintos niveis lectores.

Desexamos que disfrutedes das vacacións tamén en compañía dalgún libro.




 ECLIPSE SOLAR 12 AGOSTO DE 2026

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a información sobre a eclipse que poderemos observar desde Galicia o próximo 12 de agosto.

Moi atentos aos consellos para unha observación segura.



lunes, 15 de junio de 2026

 PAPIROFLEXIA

Como actividade final de plástica neste trimestre fixemos uns cadros con figuras de papiroflexia. Hai peixes, focas, cangrexos, baleas e ata barcos cos que cada quen fixo a súa propia composición. Quedaron moi coloridos e bonitos!!!





 XOGOS MATEMÁTICOS

Aquí temos algúns xogos de mesa nos que se poñen en xogo estratexias matemáticas. Son entretidos, entrenan a nosa mente e ademais precisan duns materiais moi fáciles de atopar. 

Formar paquetes (2 xogadores/as)

Material: folla de papel con puntiños aliñados, dous dados, dous bolígrafos ou rotuladores de cor diferente.

Como se xoga:

Por turnos tirades o dado e ide facendo paquetes co número de puntiños que indica o dado.

Se sae un número e xa non se pode facer un paquete con ese número de puntiños pasas o turno.

Cando a folla está completa gaña o que teña máis puntiños.


Formar triángulos (2 xogadores/as)

Material: folla de papel con puntiños aliñados, dous dados, dous bolígrafos ou rotuladores de cor diferente.

Como se xoga:

Por turnos tirades o dado e ide facendo liñas que unan os puntos, tantas como número de puntiños indica o dado, de xeito que se formen triángulos.

Para identificar os teus triángulos failles dentro un punto da túa cor ou pon a letra do teu nome.

Cando a folla se completa gaña o que teña máis triángulos.


Tapar o número (4 xogadores/as)

MATERIAL: taboleiro coas diagonais e números, 4 dados e 6 fichas por xogador/a

COMO SE XOGA: 

·        Por turnos cada xogador/a tira os 4 dados xuntos e coas súas fichas tapa os seus números según indican os dados.

·        Se sae un número repatido nos dados pode destapar o número doutro/a xogador/a.

·        Exemplo: saen o 4, 6, 3 e 3. Tapo os meus números 4, 6 e 3 e como o 3 está repetido destapo ese número a outro xogador/a que o teña tapado.

Gañan o xogador/a que logre tapar antes os seis números.



Xogo de números (dous xogadores/as)

MATERIAL:

·       Un recadro con números e casiñas como o da imaxe que ti mesmo/a podes facer.

·       Dous bolígrafos ou lápices de diferente cor.

·       Dous dados.

 COMO SE XOGA:

·       O obxectivo do xogo é completar a flileira de casiñas antes que o contrincante.

 O/A primeiro/a xogador/a tira os dados e ten dúas posibilidades:

-        Sumar os dous números e marcar na súa fileira o número resultado da suma.

-        Marcar dous números que xuntos sumen o mesmo que os dado

Se non pode marcar pasa o turno.

 






domingo, 14 de junio de 2026

 POLIEDROS CUN FÍO

Construímos uns poliedros que se montan tirando dun fío, un prisma hexagonal e unha pirámide hexagonal.

Primeiro vemos o desarrollo plano dos dous poliedros. Nos vídeos que están a continuación vemos como se convirten en figuras tridimensionais ao tirar do fío e na imaxe final os poliedros.





sábado, 13 de junio de 2026

 INVESTIGAMOS. CONSTRUCCIÓNS ROMANAS

Aquí temos os traballos de investigación cos que aprendemos moito sobre construcións romanas: como eran, para que se usaban, onde estaban...



Maqueta de Arco de triunfo feita por Izan C.















viernes, 12 de junio de 2026

 O COLESTEROL

Co esquema que elaborou Izan Campos aprendemos sobre o colesterol:

  • É unha graxa necesaria para o funcionamento do noso corpo que fabrica o fígado pero que tamén se atopa en moitos alimentos.
  • Hai dous tipos de colesterol: LDL, o colesterol malo, porque pode taponar as nosas arterias. HDL, o colesterol bo, que axuda a limpar o sangue recollendo o colesterol que sobra para ser eliminado.
Un bo traballo no que se expoñen as ideas de forma clara.



miércoles, 6 de mayo de 2026

 LETRAS GALEGAS 2026

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Begoña Caamaño Rascado. Aquí tedes algunhas actividades para coñecer datos da súa vida e obra.


VÍDEO SOBRE A SÚA VIDA E OBRA



XOGOS




viernes, 27 de marzo de 2026

 CREAMOS CÓMICS

Creamos cómics a partir de fábulas: O raposo e o corvo, O león e o rato, A raposa e as uvas, O can e o seu reflexo, A mosca e a couza e O cascabel do gato.





jueves, 26 de marzo de 2026

 UN POEMA E UNHA FLOR

Nesta orixinais flores de cartolina, construídas con compás a partir dun hexágono, pegamos poemas que compuxemos na aula.



viernes, 20 de marzo de 2026

 O TELESCOPIO

O telescopio é un instrumento óptico que recolle luz para ampliar e observar obxectos distantes.

Permite ver a Lúa, planetas, galaxias e cúmulos estelares tamén axuda aos astrónomos a analizar a composición e movemento dos corpos celestes. 


Martín Chapela e Izan Domínguez

jueves, 5 de marzo de 2026

 CREAMOS CONTOS

Na clase de proxecto competencial traballamos en equipo creando uns contos a partir de libros de imaxes (sen palabras) da biblioteca do colexio. Trátase de Una pelota para Daisy de Cris Raschka e A onda de Suzy Lee. 

Una pelota para Daisy é un conto sobre unha cadeliña e o seu xoguete especial, unha pelota. Crearon o texto e fixeron as ilustracións: Enara, Martín Chapela, Olivia e Gael. 




A onda é unha historia cun ambiente poético sobre unha nena xogando co mar.  Crearon o texto e fixeron as ilustracións: Carla, Nora, Maia e Izan Domínguez.



Dous estupendos traballos que merecen formar parte da nosa biblioteca de aula e da dos nenos e nenas que os elaboraron.

viernes, 19 de diciembre de 2025

 COROAS DE NADAL

Aquí temos as coroas de Nadal, que xa estarán adornando as casas das nenas e nenos de 4 º.



miércoles, 17 de diciembre de 2025

 TEMPO DE NADAL

E por Nadal un poema de Antonio García Teijeiro recitado polo alumnado de 4º. Felices Festas!



martes, 16 de diciembre de 2025

 

MOVEMENTOS DO SOL

O Sol realiza varios movementos:

A rotación sobre o seu propio eixe, con un periodo diferencial (entre 25 e 35 días). Esto sucede porque a súa superficie non é sólida e xira máis rápido o seu ecuador que os polos.

A traslación arredor do centro da Vía Láctea (tardando uns 230 millóns de anos).

Maia



sábado, 6 de diciembre de 2025

 ARGALLAR NO MUSEO MARCO

O mércores 3 de decembro fomos a Vigo ao Museo Marco. Fomos o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Mentres estabamos no museo fixemos dúas actividades.

A primeira actividade foi xogar cuns xogos de construción: palitroques, cubos de espuma, pezas de botelleiros, aros que se unían con bridas, xogos de encaixar...

Despois fomos merendar e ao rematar nos diriximos á segunda actividade. Era sobre discapacidade visual. Fixemos un xogo cunhas cordas ás que tiñamos que poñerlle sons. Despois fixemos outros xogos para experimentar como estas persoas poden "ver" as obras de arte e como len con braile, e tivemos que facer un debuxo con braile e pintalo sen ver. Cando rematamos volvemos ao colexio. Foi unha excursión moi divertida.

(Texto de : Martín, Gael, Enara e Izan Campos)

 



Ata o 31 de decembro podedes ir coas vosas familias e xogar e disfrutar novamente con estas actividades. Facendo clic na seguinte imaxe tedes información dos horarios.




jueves, 4 de diciembre de 2025

 UN JUGUETE HECHO CON MATERIALES RECICLADOS

En clase de lengua redactamos un texto con instrucciones para elaborar un juguete con materiales que todos podemos tener por casa. Al día siguiente Gael nos sorprendió con el juguete que construyó él mismo. Ya han jugado con él sus compañeros y compañeras de clase e incluso de otros cursos. Alguien más se anima a construir uno?