CADERNO DE EXPERIMENTOS COA MATERIA
Neste caderno recóllense uns experimentos sobre a materia feitos na aula. Facendo clic na imaxe podemos ver o caderno.
LETRAS GALEGAS 2022
Coas seguintes actividades poderedes aprender sobre a vida e a obra do escritor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, FLORENCIO DELGADO.
1. Actividade interactiva sobre o Día das Letras Galegas e a biografía de Florencio Delgado.
3. Canción "A Pandeirada" cun poema de Florencio Delgado, interpretada por Carlos García Casás.
DÍA DAS ARTES GALEGAS: PINTAMOS INSPIRADOS POR LAXEIRO
O día 1 de abril a Academia de Belas Artes conmemora o Día das Artes Galegas en recordo do momento no que o Mestre Mateo rematou o Pórtico da Gloria, na catedral de Santiago de Compostela.
Este ano o artista homenaxeado foi José Otero Abeledo, coñecido como Laxeiro. Estes son os cadros que pintamos inspirándonos en diferentes obras deste pintor galego.
PARTICIPAMOS EN ARTELIXO
Participamos no certame de creación de obras de arte con materiais reciclados, ARTELIXO, que se celebra no noso concello.
Poderemos ver as obras presentadas nas rúas e escaparates desde o día 2 de abril, data na que se fará a inauguración en Quintela.
Este ano o tema é "Os nosos montes". Aquí temos unhas fotos das abellas que fixemos en terceiro.