lunes, 11 de marzo de 2024

 SEMANA DA PRENSA 4 a 8 de marzo

Na semana da prensa fixemos algúns traballos relacionados coas noticias: analizamos as partes dunha noticia e escribimos xuntos a noticia sobre o bólido procedente do espacio que hai uns días puido verse en Galicia.

Ademais podedes ler unha noticia inventada a partir dunha imaxe.





viernes, 8 de marzo de 2024

 A XERMINACIÓN DA SEMENTE

Agora que estamos estudando as plantas, Ada achéganos un bonito debuxo sobre a  xerminación das sementes.


lunes, 26 de febrero de 2024

 CONTINUAMOS UN RELATO

A continuación temos dúas propostas diferentes nas que Valeria e Lola continúan un relato de Úrsula Wölf. É un conto da súa obra "Veintinueve historias disparatadas".Son relatos breves cun toque de humor. Para leelos facede clic nas imaxes.


lunes, 12 de febrero de 2024

 CREAMOS RECEITAS DE ENSALADAS

Aquí temos unhas receitas de ensalada ideadas por Ada, Vera, Eleo e Lauren, cos seus ingredientes favoritos. Seguro que ademais de ser saludables están moi boas!!!





martes, 9 de enero de 2024

A MAQUETA DUN RÍO
Como actividade final do tema de Ciencias Sociais sobre a auga fixemos unha maqueta dun río. Nela podemos observar os elementos e partes dos ríos que estudamos: curso do río, nacemento, meandro, un afluente, a desembocadura e o delta.

lunes, 8 de enero de 2024

 OS RÍOS DE REDONDELA

Investigamos sobre os ríos de Redondela. A continuación tedes os datos sobre os tres ríos nunha táboa e un mapa para poder situalos.