jueves, 6 de junio de 2024

 VISITAMOS O CENTRO ARQUEOLÓXICO 

DA VILA ROMANA DE TORALLA

Os romanos foron unha civilización que viviu na península itálica e a súa capital era Roma. Crearon un gran imperio que durou desde o 27 a.C. ata o 476 d. C. Lograron controlar unha gran extensión de territorio por todo o Mediterráneo.

Chegaron a península Ibérica no 218 a. C. As persoas que vivían na península foron adoptando pouco a pouco os costumes, a cultura e o idioma dos romanos, o latín. Implataron as súas leis, a súa forma de gobernar. Tamén fundaron moitas cidades e dividiron os territorios conquistados en provincias. Construíron: estradas, pontes, acuedutos, teatros, circos, termas...

Os romanos comían tumbados de costado cun brazo suxeitando a cabeza.  O garum era unha salsa moi apreciada. Se elaboraba con vinagre, aceite, viño, sal, especias e vísceras de peixe, que se deixaba fermentar ao sol durante varias semanas.

As vilas romanas eran vivendas rurais con varias edificacións. Había vilas que eran residencias aristocráticas que combinaban funcións residencias e productivas.

Na vila romana de Toralla producíase sal, que era moi importante para a conservación do peixe. 

 

Tiña cociña, dormitorios (cubícula), comedor e baño (balnea), con tres pías de auga fría, temperada e quente. As letrinas estaban fóra da casa.



Tamén vimos un sistema de calefacción moi avanzado, o hipocausto. Quentaban o chan da vivenda co aire quente procedente dunha especie de forno que había fóra, na parte baixa da vivenda.





Unha maqueta de como sería a vila romana.

miércoles, 29 de mayo de 2024

 TEATRILLO DE 3º

Preparamos unas obras de teatro que leímos en clase y también a los compañeros de infantil, primero y segundo. 

NASAN Y SU VECINO


LA LIBERTAD DE LOBO


VIVIR SOÑANDO

EL PRÉSTAMO

LA TRAGEDIA DEL COCODRILO

lunes, 27 de mayo de 2024

 O NOSO HORTO

No noso horto puxemos tomates cherri, leitugas e pementos de padrón. Nestas imaxes podedes ver como creceron os tomates.



Estas son as nosas leitugas e pementos.


martes, 30 de abril de 2024

 LETRAS GALEGAS 2024

O día das Letras Galegas 2024 adícase á escritora e violinista Luísa Villalta Gómez. Para aprender sobre esta figura das letras e as artes galega aquí tes unhas actividades moi interesantes. Aprende disfruta!!!



miércoles, 24 de abril de 2024

 EXPERIMENTO: XERMINACIÓN DE       LENTELLAS CON LUZ E SEN LUZ

O día 11 de marzo en terceiro preparamos  dous vasos con lentellas. Un dos vasos colocámolo dentro dun armario sen luz solar e o outro vaso deixámolo fora,  preto da ventá.

Pasados 3 días, o 14 de marzo, as da luz solar brotaron un pouquiño, pero non todas, e as da escuridade estaban un pouquiño máis grandes.



Despois de 5 días, o 19 de marzo, observamos que o vaso que recibía luz solar tiña as plantiñas máis altas e verdes. No vaso que non recibira luz solar o talo e as follas eran amarelas.



Dous días mais tarde, o 21 de marzo, volvemos a comprobar os dous vasos.O vaso que recibiu luz solar tíña as plantiñas mais frondosas ,chamativas e de cor verde. Mentres, no vaso que non recibia luz solar, estaban máis débiles e amarelas porque non podían fabricar clorofila.

Texto: Marinha, Valeria, Vera e Lola.

viernes, 19 de abril de 2024

 MURAL DA PRIMAVERA

O alumnado de 3º e 4º elaboramos conxuntamente o mural da primavera que podedes ver na planta baixa.