AUDIOCONTOS
Fixemos audiocontos cos contos que inventamos para o Día das Bibliotecas.
CONTOS PARA O DÍA DAS BIBLIOTECAS
Desde a biblioteca propuxeron a creación de contos nas aulas. Todos os contos tiñan que ter o mesmo comezo: "Xamais esquecerei aquilo que pasou na biblioteca..."
O conto elexido na nosa aula, para ser lido na biblioteca o día 24 de outubro, foi o creado por Valeria e Vera. É unha bonita historia que podedes ler e escoitar a continuación.
VISITAMOS O CENTRO ARQUEOLÓXICO
DA VILA ROMANA DE TORALLA
Os romanos foron unha civilización que viviu na península itálica e a súa capital era Roma. Crearon un gran imperio que durou desde o 27 a.C. ata o 476 d. C. Lograron controlar unha gran extensión de territorio por todo o Mediterráneo.
Chegaron a península Ibérica no 218 a. C. As persoas que vivían na península foron adoptando pouco a pouco os costumes, a cultura e o idioma dos romanos, o latín. Implataron as súas leis, a súa forma de gobernar. Tamén fundaron moitas cidades e dividiron os territorios conquistados en provincias. Construíron: estradas, pontes, acuedutos, teatros, circos, termas...
Os romanos comían tumbados de costado cun brazo suxeitando a cabeza. O garum era unha salsa moi apreciada. Se elaboraba con vinagre, aceite, viño, sal, especias e vísceras de peixe, que se deixaba fermentar ao sol durante varias semanas.
As vilas romanas eran vivendas rurais con varias edificacións. Había vilas que eran residencias aristocráticas que combinaban funcións residencias e productivas.
Na vila romana de Toralla producíase sal, que era moi importante para a conservación do peixe.
Tiña cociña, dormitorios (cubícula), comedor e baño (balnea), con tres pías de auga fría, temperada e quente. As letrinas estaban fóra da casa.