lunes, 2 de junio de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O MONTE OLIMPO

Na súa segunda exposición Marinha falounos do monte Olimpo. Aprendemos que é a montaña máis alta de Grecia e, segundo a mitoloxía grega, o fogar dos deuses olímpicos: Zeus, Diana, Afrodita, Deméter, Poseidón...

O monte Olimpo foi o primeiro parque natural de Grecia con unha rica biodiversidade e impresionantes vistas.

Para rematar a exposición Marinha preparou un divertido xogo no que había que adiviñar o nome do deus facendo preguntas.

Foi unha exposición amena e interesante que nos permitiu aprender sobre este monte e sobre mitoloxía grega.




viernes, 23 de mayo de 2025

  EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O FÚTBOL

Este venres, día 23, Seidu presentou a súa exposición sobre o fútbol.

Falounos deste deporte tan popular; do seu equipo preferido, o Real Madrid; do seu xogador favorito, Mbappé e díxonos que tamén lle gustaría xogar no Club  Deportivo Choco e no Real Club Celta.

A presentación rematou cun xogo no que tiñamos que relacionar os xogadores cos seus respectivos nomes.

Foi un traballo que gustou moito aos seus compañeiros/as.

martes, 20 de mayo de 2025

 CANTIGAS TRADICIONAIS GALEGAS

Vídeo con audio e ilustracións do alumnado de 4º elaborado a partir dun material do Seminario Galán para as Letras Galegas 2025 que recolle fragmentos de cantigas tradicionais galegas.

domingo, 11 de mayo de 2025

 LETRAS GALEGAS 2025

Día das Letras 2025 está protagonizado polas cantareiras e as cantigas tradicionais galegas.Estas cantareiras preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda.

Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeiras (Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).

(Seminario Galán)

Vídeo das Letras Galegas 2025 · As cantareiras e a poesía popular oral - 5º Colexio San Pío X


Actividades



Cantigas





viernes, 11 de abril de 2025

 PARTICIPAMOS EN ARTELIXO 2025

En colaboración cos compañeiros e compañeiras de 3º elaboramos unha obra que titulamos O mural dos recordos. Intenta facernos reflexionar sobre lugares de Galicia que son fermosos e que queremos protexer e preservar da contaminación.


lunes, 24 de marzo de 2025

 EXPOSICIÓN DIVULGATIVA. O SONAMBULISMO

Vera falounos na súa exposición sobre o sonambulismo. Trastorno que consiste en realizar actividades como falar, xogar, cociñar, limpar... mentres a persoa permanece durmida. Explicounos que é convinte non despertar á persoa sonámbula, pero si acompañala para evitar que se faga dano. 

Durante a exposición xurdiu unha interesante pregunta: os animais poden ser sonámbulos?

Información interesante  que Vera explicou con linguaxe clara e demostrando coñecer o tema que trataba.