martes, 1 de diciembre de 2020

 INVESTIGAMOS: OS RÍOS DE REDONDELA

O río Alvedosa

(Texto: Iria, Brais, Ainhoa Covelo e Alicia. Foto: Iria)

O río Alvedosa nace en Lamasusán, na parroquia de Ermida, situada no concello de Pazos de Borbén. Discorre polos concellos de Pazos de Borbén e Redondela.

Comeza na parroquia da Ermida e atravesa as parroquias de Cepeda, Ventosela e Reboreda  para desembocar en Redondela. O río Alvedosa é o responsable, xunto co río Maceiras, da pequena ría de Redondela.

Desde o nacemento ata a desembocadura ten unha lonxitude de 12 km, nos que forma bonitas fervenzas coma a de O Rañón e a da Freixa.

A fervenza da Freixa, en Santo Paio de Abaixo, foi rescatada do olvido no ano 2014. Foi cando se sinalizou e acondicionouse unha senda para poder observar este fantástico lugar. A parroquia de Reboreda tiña moitos muíños, algúns deles seguen funcionado hoxe en día.


O río Maceiras

(Texto: Martín e Marea. Foto: Ana)

O río Maceiras mide 5 km,  nace na parroquia redondelá de Vilar de Infesta, e desemboca no Alvedosa, que á súa vez vai dar á ría de Vigo. Atravesa as parroquias de Vilar de Infesta, Saxamonde, Negros, Cedeira e Redondela.
Está fundamentado que o nome do río remite á existencia de plantacións de maceiras na beira do río.
Cada ano celébrase na parroquia de Negros a Festa da mazá de Redondela.

O río Pexegueiro

(Texto: Nicolás. Foto: Noa)

O río Pexegueiro nace na parroquia do Viso, tamén pasa por Cesantes e desemboca no río Alvedosa no centro de Redondela. Ten unha lonxitude de 6 km. Atravesa as parroquias de: O Viso, Cesantes e Redondela.


Obtivéronse os datos de:

miércoles, 18 de noviembre de 2020

 ILUSTRAMOS UNA DESCRIPCIÓN

En Lengua castellana leímos la descripción de un paisaje. Cada alumno/a hizo la ilustración que la descripción le sugirió. Como veréis las interpretaciones son bastante diferentes a pesar de estar basadas en  el mismo texto. 

Cuando leemos imaginamos, pero cada uno construimos un paisaje, unos personajes, un mundo diferentes.

La descripción es un fragmento adaptado de la obra de Pío Baroja, El árbol de la ciencia.

"El tren marchaba por la llanura castellana, y el alba apuntaba en el

horizonte. Empezaba a cambiar el paisaje, y el suelo, antes llano,

mostraba colinas y árboles que iban pasando por delante de la columna

del tren.

Pasada La Mancha, fría y yerma, comenzó a templar el aire. Cerca

de Játiva salió el sol, un sol amarillo que se derramaba por el campo

entibiando el ambiente. La tierra presentaba ya un aspecto distinto.

Apareció Alcira, con los naranjos llenos de fruta, con el río Júcar profundo,

de lenta corriente. El sol iba elevándose en el cielo; comenzaba

a hacer calor al pasar de la meseta castellana a la zona mediterránea.

Ya se veían llanuras con arrozales y naranjos, barracas blancas con el

techado negro, alguna palmera que pasaba con la rapidez de la marcha

como tocando al cielo".









miércoles, 11 de noviembre de 2020

 INVESTIGAMOS SOBRE UNHA ÁRBORE: 



Nicolás de la Igleisia 4º

O Castiñeiro 

 

    Nome galego: castiñeiro.

    Nome español: castaño.

    Altura da árbore do castiñeiro: os castiñeiros poden medir ata os 30 metros de altura e 12 de anchura. Coa poda algúns exemplares non miden tanto.

    Follas: son caducas, estreitas, cos nervos moi marcados teñen pelo moi fino e cando e novo o peciolo e curto e cilíndrico.

    Flores: as flores son espidas, non teñen sépalos nin pétalos.Teñen moitos estames colgados dun eixe. As abellas fabrican mel de castiñeiro, con estas flores  masculinas. As flores femeninas están as tres dentro dunha roseta de espiñas.

    Froito: a castaña é o froito do castiñeiro,madura entre setembro e outubro. Aparecen dentro dun ourizo onde se xuntan dúas  ou tres. Hai moitas variedades de castañas, cerca de 143. Na provincia de Ourense é un produto de alta calidade, e celebran o 11 de novembro o Magosto, que se chama San Martiño.

    Outros datos: A madeira de castiñeiro é moi importante na carpinteria, tamen na cestería e toneleria. O seu froito era a principal fonte de alimento.Tamén se utiliza como medicamento. Outros usos son a mel de castiñeiro, o forraxe para os porcos, as follas secas como cama para os animais.

viernes, 6 de noviembre de 2020

Conto de medo: 

OS NENOS E O BARCO. 

Polo Samaín fixemos na clase este conto. É o noso conto de medo. Na narración participamos todos os nenos e nenas da clase e tamén fixemos os debuxos.

jueves, 22 de octubre de 2020

 COMO SE MOVE O CORONAVIRUS POLO AIRE?

Con este vídeo aprendemos como se dispersa o coronavirus polo aire e reflexionamos sobre que podemos facer e que debemos evitar para non contaxiarnos.



jueves, 15 de octubre de 2020

 INVESTIGAMOS: QUE SON OS VIRUS?

Ana e Iria

Un virus é un microorganismo composto de material xenético protexido por un envoltorio que causa diversas enfermidades (coma os arrefriados) introducíndose coma un parásito nunha célula para reproducirse nela.

Un virus é un ser inerte, non pode reproducirse por si solo. Para poder cumprir as funcións vitais, necesita un ser vivo onde quedarse a vivir. O virus poderá reproducirse e infectar todas as partes do ser vivo, por iso os chamamos axentes infeciosos.

O virus ten unha codia exterior chamada cápside e no interior o material xenético. A cápside está composta por proteínas e o material xenético contén a información.

Os virus poden trasmitirse por distintas medios: por auga, por aire, por alimentos, por obxectos ou animais.