viernes, 31 de marzo de 2023

viernes, 3 de marzo de 2023

 INVESTIGAMOS. A XERMINACIÓN DAS SEMENTES.

Observamos a xerminación dunhas sementes de lentella na aula. Recollemos neste pequeno informe o proceso. fai clic sobre a imaxe para ler o noso traballo.



martes, 28 de febrero de 2023

INVESTIGAMOS. O PRIMEIRO METEORITO ATOPADO EN GALICIA

Na aula traballamos coa noticia deste meteorito caído preto de Lugo durante a pandemia. Logo, elaboramos a nosa propia noticia.



sábado, 25 de febrero de 2023

 VAMPIARA DE BIBLIOTECA. NOSFERATU

Investigamos sobre este personaxe de medo que se cita no libro, Nosferatu.

Aquí temos o resultado da investigación feita por Daniel.



viernes, 24 de febrero de 2023

 ENTROIDO 2023

Disfrutamos dun bonito día o 16 de febreiro no desfile do Entroido ata a igrexia de Quintela. Lucimos os disfraces de plantas con flores que fixemos na aula.

Aquí tedes unha fotos co noso disfraz e outra do mural para esta celebración que elaboramos entre 3º e 4º.



miércoles, 25 de enero de 2023

 INVESTIGAMOS: AS PARTES COMESTIBLES DAS PLANTAS

Investigamos cal é a parte comestible dalgunhas hortalizas e verduras. Con eses datos e as fotos elaboramos o seguinte traballo.


viernes, 20 de enero de 2023

 VAMPIRA DE BIBLIOTECA. AS COUZAS E OS PEIXIÑOS DE PRATA

A pasada semana comezamos coa lectura do libro Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas. A súa lectura dará pé a pequenas investigacións que iremos colgando no blog. 

Ao inicio do libro fálase duns insectos bibliófagos, as couzas e os peixiños de prata. Daniel e Sabela axúdannos a coñecelos. Fai clic nas imaxes.