José Gil Gil, pioneiro do cine en Galicia
Jose
Gil naceu en As Neves o 3 de abril de
1870 e morreu o 1 de xaneiro de 1937. Foi
fotógrafo e director de cine. Foi un dos pioneiros do cine galego.
Primeiro estableceuse como fotógrafo en Mondariz, logo en Ourense, e desde 1905 en Vigo. Formou parte da redacción da revista Vida Gallega no momento da súa fundación en 1909 e foi o seu director artístico. Nesta revista publicou moitos dos seus reportaxes fortográficos.
En 1910 comezou a
facer películas documentais centradas en Vigo e outros asuntos de
Galicia. En 1911 pagou un anuncio no Faro de Vigo no que se ofrecía para facer
películas documentais.
Gil tamén foi o
primeiro que en 1916
filmou unha película
de ficción
en Galicia Miss
Ledya, rodada na illa da Toxa, nela
aparecía como figurante
Castelao.
Estímase que realizou máis de 150 películas pero so se conservan unhas poucas.
Os títulos dalgunhas das súas películas son: La
emigración en los puertos gallegos (1911), Galicia y sus Reyes (1927), Galicia
y sus balnearios (1931), La factoría Albo y la pesca (1934).
Jose Gil tamén foi representante dos automóviles americanos Ford en Galicia. Publicou en Faro de Vigo anuncios para vender estes coches por un prezo de 4 475 pesetas.
Imaxe da película "Miss Ledya" 1916
No hay comentarios:
Publicar un comentario