domingo, 9 de febrero de 2025

 PARTICIPAMOS NA CAMPAÑA PILABOT

Este ano o noso colexio foi seleccionado para participar na campaña Pilabot de RECOLLIDA DE PILAS E BATERÍAS USADAS.

A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven a sexta edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia. 

O Concurso Pilabot repartirá catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan.


Para saber máis sobre as pilas fai clic en Pilabot.


E aquí un vídeo sobre a reciclaxe de pilas e baterías.



No hay comentarios:

Publicar un comentario