domingo, 14 de febrero de 2021

 ENTROIDO. NON PARE A FESTA

Neste Entroido, a forza especial, á festa ten que ser tamén especial.

Aquí temos aos personaxes do Entroido galego máis tradicional celebrando a súa particular festa de Entroido.

Xa temos lista a nosa versión do disfraz dos volantes de Chantada.












E ademais unha foto do Entroido no colexio: 



sábado, 13 de febrero de 2021

 ENTROIDO. FILLOAS DISFRAZADAS

E polo Entroido, filloas! Pero unhas filloas especiais, porque están filloas van con disfraz.



jueves, 11 de febrero de 2021

AS SALES MINERIAS NA NOSA DIETA


As sales minerais son moi importantes para un correcto funcionamento do corpo humano. Interveñen, por exemplo, na formación dos ósos e na regulación do ritmo cardiaco.
Para aprender algo máis sobre a importancia das sales minerais para unha boa saúde fixemos en 4º uns traballos que aquí compartimos.


CALCIO (Ainhoa C)          FERRO (Nicolás)            FÓSFORO (Alicia)
CALCIO (Ana)                  FERRO (Noa)                FÓSFORO (Marea)


            MAGNESIO (Iria)                       SODIO (Ainoa D./Seila)
            MAGNESIO (Brais)                     SODIO (Martín)

                                          POTASIO
      

lunes, 8 de febrero de 2021

 ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS

Xa temos o Entroido na escola. En cuarto vamos a aprender sobre un dos Entroidos tradicionais de Galicia e entre todos faremos unha réplica, en pequeno tamaño, dun pucho do traxe dun volante de Chantada.

- Entroidos tradicionais en diferentes lugares de Galicia

- Os volantes de Chantada (información e fotos) 

- E por último un vídeo deste tradicional Entroido de Chantada.



viernes, 22 de enero de 2021

 ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA

Investigamos sobre algúns animais en perigo de extinción en Galicia. Este é o resultado dos nosos traballos.


lunes, 18 de enero de 2021

 INVESTIGAMOS: AS ESTRELAS FUGACES

As estrelas fugaces obsérvanse como estrelas que cruzan moi rápido o ceo, pero non son estrelas.

Son realmente partículas de pedra ou po que forman os cometas e que dende o espacio entran na atmosfera da Terra. Móvense tan rápido que se quentan moito e producen un efecto luminoso (brillan). As estrelas fugaces son o que os astrónomos chaman meteorosPoden ter tonalidades azuis, verdes ou amareladas; dependendo dos compoñentes do meteoro.

Normalmente estas partículas miden so uns milímetros; se son máis grandes (uns centímetros) o meteoro brillará moito e recibe o nome de bólidoOs bólidos poden ser espectaculares polo seu brillo e verse polo día, tamén poden producir pequenas explosións e facer ruído.

A maioría dos meteoros queimanse na atmosfera antes de chegar á superficie da Terra. Cando son máis grandes e chegan á superficie chámase meteoritos.

(4º de primaria)

NOTICIAS DE ÚLTIMA HORA:

Dase a casualidade de que esta mesma madrugada puido observarse un fenómeno deste tipo desde Galicia, Asturias e León. Aquí temos a noticia en diferentes medios:

- Faro de Vigo:

- Diario de Extremadura:

-ABC:


miércoles, 13 de enero de 2021

 AGUS Y LOS MONSTRUOS

Hoy comenzamos la lectura del primer libro de la colección Agus y los monstruos, ¡Llega el Sr. Flat!

Parece que a todos los niños y niñas de la clase les gustó este primer contacto con las peripecias del protagonista, Agus. Seguiremos leyendo, seguro que pasaremos buenos ratos con esta lectura.

Pincha en la imagen para acceder a la web de Agus y los monstruos.